Déixate ver,
tamén na rede!
“A xente esquecerá o que dixeches, o que fixeches, pero nunca esquecerá o que lle fixeches sentir”, Maya Angelou.

Cada vez que dis ou calas algo estás comunicando… En Redeslla axudámosche coa comunicación dixital na túa empresa ou proxecto. Desde o lanzamento e xestión das redes, creación de plans de comunicación, copywriting para webs, copy e deseño de dosieres, traducións e correccións de texto en galego normativo 😉 e máis.
Dinos que precisas, cóntanos a filosofía da túa marca e nós idearemos o contido para chegar a quen desexes, dando visibilidade e creando imaxe da túa actividade.
Que vimos facendo...
Plans de comunicación
Déixanos coñecer a túa empresa e idearemos un plan estratéxico de comunicación online, ligado á offline, para potenciar os teus servizos/produtos, dar visibilidade e crear imaxe e marca.
Xestión de redes
Non sabes que publicar, cando e onde? Analizamos a situación na que estás e encargámonos de idear, crear e xestionar contido adaptado ás diferentes plataformas nas que estás ou deberías estar.
Copywriting
Unha das mellores formas de diferenciarse é a través da creatividade…
O que dis e o que non dis está definindo a túa marca! Desenvolvemos ideas para redes, web, campañas de publicidade, mailing…
Deseño e maquetación
Deseñamos, maquetamos e creamos contidos para os teus dosieres, trípticos, tarxetas de visita, carteis e páxinas web.
Mailing
O correo electrónico segue sendo unha das ferramentas máis empregadas, pero é momento de sacarlle todo o proveito!
Creamos e deseñamos contido para mailing interno ou externo.
Correccións de texto
Necesitas corrixir un documento pero os correctores automáticos van como van?
Aquí estamos para botarche unha man coa corrección e tradución de textos. Imos polo rego co galego normativo!
Relatorios
Ás veces é complexo contarlle ao teu equipo o importante que é a comunicación interna e a externa: empresa-cliente.
Pois se ves que se che atranca, ofrecemos relatorios sobre redes, creación de imaxe e marca, comunicación e xestión de crise…
Formacións
Ofrecemos cursos sobre comunicación online, comunicación interna e externa, xestión de redes, imaxe e marca, creación de comunidades dixitais… dirixidos a asociacións de empresarios e emprendedores.
Un proxecto en mente?

Se non sabes por onde empezar...
Arrancar nunca foi tarefa doada.. abofé que non! Porén, se te deixas asesorar por profesionais o conto pode cambiar un pouco!